Twitter Instagram Facebook

Coñécenos

Que é a Xunta Directiva?

A Xunta Directiva (XD) é o órgano que xestiona a organización durante o período interasembleario. É a encargada de desenvolver actividades e proxectos seguindo os fins da asociación. A XD está formada por un presidente, un vicepresidente, un tesoureiro e un secretario, ademáis dun responsable por cada Comité Permanente (LORSA, LOME, LORP, LPO) e Intercambios, así como cargos de apoio (coordinador de intercambios e webmáster). A XD reúnese todas as semanas, e calquera socio pode achegarse para dar a súa opinión sobre proxectos, actividades ou decisións que se fan respecto da asociación.

Que é a Comisión Supervisora?

A comisión supervisora é a responsable de supervisar durante o periodo interasembleario as accións e decisións da Xunta Directiva, velando polo cumprimento dos fins da asociación e o bo funcionamento de ME.I.GA.